REGATA CLUB NAUTICO DE CAMARIÑAS 26/06/10

O Club Náutico de Camariñas, organizou a regata "Club Náutico de Camariñas" 4ª regata e útima da Liga, que se celebrou o día 26 de xuño do 2010 para a clase Optimist e Omega en aguas da ría de Camariñas. Participaron 23 rapaces.
As dez da mañán o ceo amosábase totalmente cuberto nas primeiras horas por mor das néboas que forn abrindo progresivamente ao avanzar a xornada. O vento era frouxo de noroeste cunha intensidade constante de 6 - 7 nodo ideal para os rapaces poder navegar.
O programa levouse a cabo tal e como esta programado, realizaronse catro mangas nas dúas clases. Foi unha regata moi competitiva xa que se loitaba polo primeiro posto e esta regata determinaria o resultado final da clasificación xeral da Liga Costa da Morte 2010.
Clasificación Clase Omega:
1º Posto para Antonio Osende (patrón), Pablo Rojo, Iago Lado e Javier Barreiro do Club Marítimo Carrumeiro.
2º Posto para Helena Ramos (patrona), Alicia Rodríguez, Jaime Busto e Aníbal Pasantes do Club Náutico de Camariñas.
3º Posto para Andoni López (patrón), Xabier Marcote e Isabel Suarez do Club Nautico de Fisterra.
Clasificación Clase Optimist.
1º Posto para Manuel Marcote. Club Marítimo Carrumeiro.
2º Posto para Francisco Canosa. Club Marítimo Carrumeiro.
3º Posto para Carlos Gonzalez. Club Náutico de Camariñas.

Na entrega de medallas estivo o regatista Chuny Bermudez de Castro o cal asinou autografos a cada un dos nenos participantes.











Comentarios

Entradas populares de este blog

ELECIONES JUNTA DIRECTIVA