Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

Liga Costa da Morte - Regata Seno de Corcubión

O Club Marítimo Carrumeiro, organiza a Regata “Seno de Corcubión” a celebar
o día 30 de Abril 2011 para a clase Optimist e Omega que se celebrará en augas de
Corcubión, segundo as seguintes estipulacións xerais:

REGRAS
A Regata rexerase por:
10 Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2009-2012 (RRV)
11 Prescricións da Real Federación Española de Vela
12 Regulamento de Competicións da F.G.V.
13 Regras da Clase
14 Instrucións de Regata
15 Anuncio de Regata
16 Instrucións de Medición, que forman parte das Instrucións de Regata
Aplicarase a Regra 67 do RRV

CLASE QUE PARTICIPA
O trofeo está reservado a embarcacións da Clase Optimist e Omega.

PUBLICIDADE
A Regata está clasificada de Categoría C de acordo coa Regulamentación 20 da ISAF.
Poderá requirirse dos participantes a exhibición de publicidade conforme ao Código de
publicidade descrito no punto 20.3.1 (d) (i) desta regulamentación.

INSCRICIÓNS
Poderán participar nesta regata aqueles barcos, os tripulantes dos cales teñan Licenza
Federativa do ano en curso de…