O Club Náutico de Camariñas, organizou a regata "Club Náutico de Camariñas" 4ª regata e útima da Liga, que se celebrou o día 26 de xuño do 2010 para a clase Optimist e Omega en aguas da ría de Camariñas. Participaron 23 rapaces.
As dez da mañán o ceo amosábase totalmente cuberto nas primeiras horas por mor das néboas que forn abrindo progresivamente ao avanzar a xornada. O vento era frouxo de noroeste cunha intensidade constante de 6 - 7 nodo ideal para os rapaces poder navegar.
O programa levouse a cabo tal e como esta programado, realizaronse catro mangas nas dúas clases. Foi unha regata moi competitiva xa que se loitaba polo primeiro posto e esta regata determinaria o resultado final da clasificación xeral da Liga Costa da Morte 2010.
Clasificación Clase Omega:
1º Posto para Antonio Osende (patrón), Pablo Rojo, Iago Lado e Javier Barreiro do Club Marítimo Carrumeiro.
2º Posto para Helena Ramos (patrona), Alicia Rodríguez, Jaime Busto e Aníbal Pasantes do Club Náutico...